Blog de ciencias do Colexio Alborada

  • MATERIAS
    • CIENCIAS NATURAIS
      • CCNN 1º ESO
      • CCNN 2º ESO
    • BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
      • BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 3º ESO
      • BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 4º ESO
    • FÍSICA E QUÍMICA
      • FÍSICA E QUÍMICA 3º ESO
      • FÍSICA E QUÍMICA 4º ESO
    • MATEMÁTICAS
      • MATEMÁTICAS 1º ESO
      • MATEMÁTICAS 2º ESO
      • MATEMÁTICAS 3º ESO
      • MATEMÁTICAS 4º ESO
  • EXPOCIENCIAS
    • ALBORCIENCIA
    • EXPORECERCA
    • GALICIENCIA
  • FORO INTERCOMUNITARIO
  • PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN
    • AXICA
  • CIENCIAS EN PRIMARIA

Participación de alumnos e alumnas de ESO na XXIII reunión científica de Extremadura

Posted by galiciaestevez on April 4, 2019
Posted in: Uncategorized. Leave a comment

Hoxe e mañá, dez alumnos e alumnas de ESO do noso cole están a participar nesta reunión científica onde se xuntan centros de Extremadura e outras partes de España para expoñer os seus traballos. Aquí tedes algunhas fotos.

Premio en Galiciencia 2018

Posted by galiciaestevez on May 12, 2018
Posted in: Uncategorized. Leave a comment

Os días 9, 10 e 11 maio tivo lugar en no parque tecnolóxico de Ourense a feira científica de Galicia, Galiciencia que nesta edición estaba dedicada ó Cambio Climático.

Oito dos nosos alumnos e alumnas de ESO participaron con catro proxectos durante os tres días.

Ademáis, algúns alumnos e alumnas de quinto e sexto de EP participaron amosando os seus traballos o xoves día 10.

Nesta edición, Óscar Cordero e Inés Muíñas obtiveron o premio ó mellor proxecto relacionado co Cambio Climático.

Noraboa a eles e a tod@s @s participantes.

FOTOS GALICIENCIA 18

No seguinte enlace tedes unha reportaxe de Teleminho no que aparecen algúns dos nosos alumnos.

http://www.teleminho.com/video/informativos/reportaje-galiciencia-10-05-2018/20180511093317027987.html

 

Primer premio na Zientzia Azoka de Bilbao para Laura Costas e Inés Castro

Posted by galiciaestevez on April 21, 2018
Posted in: Uncategorized. Leave a comment

Hoxe as nosas alumnas Laura Costas e Inés Castro de terceiro de ESO participaron na Zientzia Azoka de Bilbao onde obtiveron o primeiro premio polo seu proxecto “Deseño dun invernadoiro con autorrego de auga de mar”.

Este premio súmase ós que xa obtiveron na Exporecerca Jove de Barcelona no mes de marzo. Naquela ocasión obtiveron o terceiro premio da súa categoría e o premio especial Water Prize.

Noraboa polo seu gran traballo e por todos os premios obtidos.

Ponencia oral de alumnas de 3 ESO na reunión científica de Extremadura

Posted by galiciaestevez on April 13, 2018
Posted in: Uncategorized. Leave a comment

Noa Orge e Antía Álvarez expuxeron esta mañá o seu traballo “Estudo da influencia do peso de epibiontes no Mytilus galloprovincialis sobre a produción de carbonatos e o grosor da cuncha” na reunión científica de La Roca de la Sierra (Badajoz).

Aquí tedes as primeiras imaxes.

XII REUNIÓN CIENTÍFICA -EXTREMADURA

Posted by galiciaestevez on April 12, 2018
Posted in: Uncategorized. Leave a comment

Hoxe e mañá, once alumnos e alumnas de ESO participan na reunión científica que ten lugar na poboación de La Roca de la Sierra (Badajoz).

Aquí vos deixamos as primeiras fotos da súa participación.

CONCURSOS ALBORCIENCIA 2017

Posted by galiciaestevez on May 4, 2017
Posted in: Uncategorized. Leave a comment

concursos_alborciencia17-page0

ALUMNAS DO COLEXIO ALBORADA PREMIADAS NA XVIII EXPORCERCA JOVE (BARCELONA)

Posted by galiciaestevez on April 20, 2017
Posted in: EXPOCIENCIAS, EXPORECERCA, PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN. Tagged: BARCELONA, EXPORECERCA, PREMIOS. Leave a comment

Os pasados días 6, 7 e 8 de abril celebrouse en Barcelona a feira de proxectos de investigación Exporecerca Jove na que participaron catro alumnas de ESO.

Os resultados da súa participación non puideron ser mellores xa que os dous grupos participantes obtiveron os seguintes premios:

  • Inés Aguín e Alba Rodríguez de 2º ESO co seu proxecto “Estudo da importancia do ecosistema furnas para a súa conservación e identificación da súa biodiversidade” foron premiadas pola Sociedade Catalana de Bioloxía coa participación na feira Zientzia Azoka que se celebrará en Bilbao. Ademáis este proxecto tamén obtivo o 3º premio da Categoría A consistente na participación na “Feria Campamento Científico Interactivo y Foro de Ciencia y Civilización” que se celebrará en noviembre en Entre Ríos (Argentina). 

    furnas (1)

  • Paula Figueroa (3º ESO) e Aixa Fernández (4º ESO) co seu traballo “Estudo da biodiversidade do río Lagares segundo fixación en captadores e situación do seu ecotón” obtiveron o Premio Obra Social La Caixa consistente na publicación do traballo en blogs de divulgación de CosmoCaixa e EduCaixa.
     

    lagares

Parabéns a todas as premiadas.

Hoxe comeza a Exporecerca Jove (Barcelona) na que participan catro alumnas de ESO

Posted by galiciaestevez on April 6, 2017
Posted in: EXPOCIENCIAS, EXPORECERCA, Uncategorized. Tagged: BARCELONA, EXPOCIENCIAS, EXPORECERCA. Leave a comment

0001

Moita sorte a todas as participantes!

Participación de tres alumnas de ESO nas XXI Xornadas Científicas – Plasencia 2017

Posted by galiciaestevez on April 6, 2017
Posted in: EXPOCIENCIAS, Uncategorized. Tagged: EXPOCIENCIAS, PLASENCIA. Leave a comment

O pasado mes de marzo tres alumnas de ESO (Antía Álvarez, Noa Orge e Ruth Jones) participaron na XXI Xornadas Científicas que tiveron lugar no IES Parque de Monfragüe (Plasencia) co seu proxecto “Estudo sobre o “homing” da patella sp na Ría de Vigo”.

Plasencia

No seguinte enlace tedes un vídeo con un resumo das fotos desta reunión científica:

PREMIOS GALICIENCIA 2016

Posted by galiciaestevez on December 21, 2016
Posted in: GALICIENCIA, PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN. Leave a comment

Na última edición de Galiciencia, que tivo lugar en Ourense en novembro de 2016, dúas alumnas de ESO do noso colexio (Aixa Fernández e Paula Figueroa) obtiveron o premio á mellor comunicación e presentación no stand polo seu proxecto “Estudo da biodiversidade do río Lagares e situación do seu ecotono”.

30974005601_4094772216_z

Ademáis, nesta edición a profe Adela Queimadelos gañou o premio fotográfico (adicado as matemáticas) na categoría de docentes coa sua fotografía “Pitágoras”.

docentes

Noraboa ás premiadas e a tod@s os que participastes en Galiciencia 2016.

Posts navigation

← Older Entries
  • BUSCAR

    • CIENCIA NA REDE
  • ÚLTIMAS ENTRADAS

    • Participación de alumnos e alumnas de ESO na XXIII reunión científica de Extremadura
    • Premio en Galiciencia 2018
    • Primer premio na Zientzia Azoka de Bilbao para Laura Costas e Inés Castro
    • Ponencia oral de alumnas de 3 ESO na reunión científica de Extremadura
    • XII REUNIÓN CIENTÍFICA -EXTREMADURA
  • ENTRADAS MENSUAIS

    • April 2019
    • May 2018
    • April 2018
    • May 2017
    • April 2017
    • December 2016
    • November 2016
    • June 2016
    • May 2016
    • April 2016
    • March 2016
    • January 2016
    • October 2015
    • December 2014
    • June 2014
    • May 2014
    • April 2014
    • November 2013
    • October 2013
    • September 2013
    • June 2013
    • March 2013
    • February 2013
  • CALENDARIO

    January 2021
    M T W T F S S
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    25262728293031
    « Apr    
  • BLOGS PARTICIPANTES NO CONCURSO ESDELIBRO 2017

    • ESTUDO DA IMPORTANCIA DO ECOSISTEMA FURNAS PARA A SÚA CONSERVACIÓN E IDENTIFICACIÓN DA SÚA BIODIVERSIDADE
    • ESTUDO SOBRE A BIODIVERSIDADE DO RÍO LAGARES E SITUACIÓN DO SEU ECOTONO
    • ESTUDO SOBRE O "HOMING" DA PATELLA SP NA RÍA DE VIGO
  • OS NOSOS BLOGS

    • DEPORTES
    • EDUCACIÓN INFANTIL
    • INFORMÁTICA
    • INGLÉS
    • PLAN TIC
    • PRENSA ESCOLA
    • VIAXE Ó ESTRANXEIRO
    • XERAL COLEXIO ALBORADA
Blog at WordPress.com.
Blog de ciencias do Colexio Alborada
Create a free website or blog at WordPress.com.
Cancel
Privacy & Cookies: This site uses cookies. By continuing to use this website, you agree to their use.
To find out more, including how to control cookies, see here: Cookie Policy